Chapter 18. Glosarios

1. Emprego
2. Formato do ficheiro
3. Como crear glosarios
4. Empregar o MultiTerm de Trados
5. Problemas comúns cos glosarios

Os glosarios son ficheiros creados e actualizados manualmente para o seu uso en OmegaT.

Se un proxecto de OmegaT contén un ou máis glosarios, calquera termo do glosario que se atope no segmento activo se amosará automaticamente no visor do glosario.

Pode definir a súa localización e nome no diálogo de propiedades do proxecto. A extensión debe ser .txt (se non, se engadirá). A localización do glosario debe ser dentro do cartafol /glossary, mais pode estar nun cartafol inferior (por exemplo, glossary/sub/glosario.txt). O ficheiro non necesita existir cando se configure, se creará (se é necesario) cando engada unha entrada ao glosario. Se xa existe o ficheiro, non se intentará verificar o formato ou a codificación de caracteres do ficheiro: as novas entradas sempre estarán nun formato separado por tabuladores e en UTF-8. Xa que o contido existente non se tocará, se limitará o dano que se poida facer a un documento existente.

1. Emprego

Para empregar un glosario xa existente, simplemente ten que situalo no cartafol /glossary despois de crear o proxecto. OmegaT detecta automaticamente os ficheiros de glosario neste cartafol cando se abre un proxecto. Os termos no segmento activo que atope OmegaT no(s) ficheiro(s) do glosario se amosarán no panel do glosario:

Figure 18.1. Panel do glosario

Panel do glosario

A palabra anterior ao símbolo = é o termo de orixe, e a súa tradución é (ou son) as palabras despois de =. A entrada de vocabulario pode ter un comentario engadido. A función de glosario só atopa coincidencias exactas coa entrada do glosario (por exemplo, non atopa formas flexionadas, etc.). Poden engadirse novos termos manualmente ao(s) ficheiro(s) do glosario durante a tradución, por exemplo, nun editor de textos. Os novos termos non se recoñecerán ata que se garden os cambios no ficheiro de texto.

O termo de orixe non ten por que ser un elemento dunha soa palabra, como se pode ver no seguinte exemplo:

Figure 18.2. Entradas con múltiples palabras en glosarios - exemplo

Entradas con múltiples palabras en glosarios - exemplo

O elemento subliñado «pop-up menu» pode atoparse no panel do glosario como «pojavni menu». Destacándoo no panel do glosario e facendo despois clic dereito insíreo na posición do cursor no segmento traducido.[1]

2. Formato do ficheiro

Os ficheiros do glosario son ficheiros de texto plano simples que conteñen tres columnas, listas delimitadas mediante tabuladores cos termos de orixe e destino na primeira e segunda columna respectivamente. A terceira columna pode empregarse para información adicional. Pode ter entradas sen columna de destino, é dicir, soamente co termo de orixe e o comentario.

Os ficheiros de glosario poden estar na codificación predeterminada do sistema (e indicado mediante a extensión .tab) ou en UTF-8 (extensión .utf8). Prefírese a codificación Unicode (UTF8) por razóns obvias. Tamén é compatíbel o formato CSV. Este formato é o mesmo que o dividido por tabulacións: termo de orixe e termo de destino. Os campos de comentarios se separan cunha coma ','. As cadeas poden pecharse con comiñas ", que permite que as cadeas conteñan comas:

"Este é un termo de orixe, que contén unha coma", "this is a source term, which contains a comma"

Ademais do formato de texto plano, tamén e compatíbel o formato TBX. TBX (Term Base eXchange) é o estándar aberto baseado en XML para o intercambio de información terminolóxica estruturada. TBX aprobouse como o estándar internacional por LISA e ISO. Se xa ten un sistema de xestión terminolóxica (MultiTerm, por exemplo) é moi posíbel que lle ofreza a exportación de datos terminolóxicos ao formato TBX. A Colección terminolóxica de Microsoft pode descargarse en case cen linguas e pode servir coma unha pedra angular do glosario de TIC.

3. Como crear glosarios

A configuración do proxecto permítelle inserir un nume para un ficheiro de glosario modificábel (vexa o principio deste capítulo). Faga clic dereito no panel do glosario ou prema Ctrl+Shift+G para engadir unha nova entrada. Abrirase un diálogo, que lle permitirá engadir o termo de orixe, o termo de destino e calquera comentario que poida ter:

Os contidos dos ficheiros de glosario se manteñen na memoria e se cargan cando se abre ou recarga o proxecto. Actualizar un ficheiro de glosario e tan simple como: premer Ctrl+Shift+G e inserir o novo termo, a súa tradución e calquera comentario que queira facer (asegurándose de que preme o tabulador entre os campos) e garde o ficheiro. Os contidos do panel do glosario se actualizarán conforme aos cambios realizados.

A localización do ficheiro de glosario modificábel pode estabelecerse no diálogo Proxecto > Propiedades... As extensións recoñecidas con TXT e UTF8.

Nota: Hai outros medios para crear un simple ficheiro con entradas delimitadas por tabulacións. Non hai nada en contra de empregar Notepad++ en Windows, GEdit en Linux por exemplo ou algún programa de folla de cálculo para este propósito: pódese empregar calquera aplicación que poida xestionar UTF8 e que poida amosar espazo en branco (de modo que non se esqueza dos caracteres de tabulación necesarios).

4. Empregar o MultiTerm de Trados

Os datos exportados do MultiTerm de Trados poden empregarse como glosarios de OmegaT sen ningunha modificación adicional, posto que teñen a extensión de ficheiro .tab e os campos de orixe e destino están nas dúas primeiras columnas. Se exporta empregando a opción do sistema «Exportar delimitando con tabulacións», necesitará eliminar as primeiras 5 columnas (Seq. Nr, Data de creación, etc.) As versións máis novas de MultiTerm son compatíbeis coa exportación en formato TBX.

5. Problemas comúns cos glosarios

Problema: non se amosan termos do glosario - posíbeis causas:

  • Non hai ningún glosario no cartafol «glossary».

  • O ficheiro do glosario está baleiro.

  • Os elementos non están separados cun carácter de tabulación.

  • O ficheiro do glosario non ten unha extensión correcta (.tab ou .utf8).

  • Non hai unha coincidencia EXACTA entre a entrada do glosario e o texto de orixe no seu documento, por exemplo, plurais.

  • O ficheiro de glosario non ten a codificación correcta.

  • Non hai termos no segmento activo que coincidan con ningún termo do glosario.

  • Un ou máis dos problemas anteriores se arranxaron, mais non se recargou o proxecto.

Problema: no panel de glosario, non se amosan ben algúns caracteres

  • ...mais os mesmos caracteres se amosan ben no panel de edición: a extensión e a codificación do ficheiro non coinciden.



[1] Teña en conta que no caso anterior, isto é so a metade (ou incluso menos) da historia, xa que o idioma de destino (esloveno) emprega declinacións. Así que a forma inserida «pojavni menu» en forma nominativa ten que cambiarse a «pojavnem meniju», é dicir, a locativo. Así que probabelmente sexa máis rápido escribir o termo correctamente sen molestarse co glosario e os atallos de teclado.