Chapter 17. Dicionarios

1. Como descargar e instalar dicionarios
2. Problemas cos dicionarios

1. Como descargar e instalar dicionarios

Os dicionarios en OmegaT están baseados no formato StarDict ou Lingvo DSL. Para instalar os ficheiros necesarios para o formato StarDict, siga as seguintes instrucións:

  • Busque a combinación lingüística necesaria, por exemplo, na ligazón anterior da Plataforma StartDict arriba mencionada.

  • Descargue o ficheiro, debería ser un ficheiro tarball (extensión tar.bz ou tar.bz2).

  • Empregue a aplicación «untar» (ou un equivalente, por exemplo winrar en Windows) para extraer os contidos do ficheiro no cartafol do proxecto chamado «Dictionary». Debería haber tres ficheiros, coas extensións dz, idx e ifo.

Teña en conta que ademais dos dicionarios bilingües tamén pode, a través da función Dicionario, obter acceso a información, tal como:

  • Webster's Revised Unabridged Dictionary (1913)

  • Longman Dictionary of Contemporary English

  • The Britannica Concise Encyclopedia

  • etc.

Algúns dos dicionarios non teñen restricións, é dicir, é «libre para usalo», e outros, coma os descritos anteriormente, están baixo a licenza GPL. O seguinte exemplo mostra o dicionario Merram Webster 10th dictionary en uso:

Figure 17.1. Merriam Webster dictionary - uso

Merriam Webster dictionary - uso

2. Problemas cos dicionarios

  • Comprobe que os ficheiros do dicionario están no cartafol correcto (ou nun subcartafol dentro deste). Comprobe en Propiedades doproxecto (Ctrl+E).

  • Están os tres ficheiros nese cartafol co mesmo nome e xunto coas extensións correctas? Se só hai un ficheiro, comprobe a súa extensión. Se é tar.bz, esqueceu descomprimilo.