Appendix G. OmegaT na rede

1. Sitios de OmegaT e proxecto de OmegaT en SourceForge
2. Informar de erros
3. Contribuír co proxecto OmegaT

1. Sitios de OmegaT e proxecto de OmegaT en SourceForge

O sitio web deOmegaT contén enlaces a numerosos recursos de OmegaT. Tamén se ofrece asistencia técnica aos usuarios por parte de voluntarios no Grupo de usuarios deOmegaT en Yahoo!. As Preguntas frecuentes é un bo punto de inicio para atopar respostas ás preguntas que poida ter. Para conseguir a última versión de OmegaT, visite a páxina de descargas en www.omegat.org. Tamén pode informar de erros e pedir que se introduzan melloras.

2. Informar de erros

Recorde que todos os informes de erros necesitan só tres cousas:

  • Pasos para reproducilo,

  • Que esperaba ver

  • Que viu no seu lugar

Pode atopar máis información no artigo Painless Bug Tracking escrito por Joel Spolsky.

Pode engadir copias de ficheiros, porcións do rexistro, capturas de pantalla e calquera cousa que pense que pode axudar aos desenvolvedores a atopar e arranxar o erro. Teña en conta que os informes de errores e peticións de melloras son públicas, así que non debería achegar ficheiros con contido conflitivo. Se desexa manterse informado do que sucede co informe, rexístrese coma usuario de SourceForge, inicie sesión e informe do erro ou simplemente faga clic en «Monitor» na parte superior ao informe.

3. Contribuír co proxecto OmegaT

Para contribuír con OmegaT:

primeiro únase ao grupo de usuarios (a través da páxina web ou enviando un correo electrónico a OmegaT-subscribe@yahoogroups.com). Para apoiar ao desenvolvemento de OmegaT pode unirse ao grupo de desenvolvedores a través da páxina web ou enviando un correo electrónico a omegat-development-request@lists.sourceforge.net, explicitando «subscribe» como asunto do correo.

Para traducir a interface de usuario de OmegaT, o manual de usuario ou outros documentos, diríxase a:

primeiro lea a guía Localizing and Customizing OmegaT, e únase ao grupo de tradutores de OmegaT a través da páxina web ou enviando un correo electrónico a omegat-l10n-request@lists.sourceforge.net co asunto «subscribe».

Para apoiar ao proxecto OmegaT financeiramente

Se quere apoiar a continuación do desenvolvemento de OmegaT, apreciaríamos que fixese clic neste enlace e vaia á conta de PayPal de OmegaT.