Appendix B. Atallos de teclado no editor

Este pequeno texto describe o comportamento do teclado no panel de edición. O termo «Desprazar ao interior do segmento» significa que o cursor desprazarase ao comezo do segmento se xa estaba antes do segmento, e á fin se estaba despois del.

Table B.1. Comportamento do teclado no editor

Combinación de teclas Acción
Esquerda: un carácter á esquerda, mais non máis alá co comezo do segmento
Dereita: un carácter á dereita, mais non máis aló da fin do segmento
Ctrl+Esquerda: unha palabra á esquerda, mais non máis alá co comezo do segmento
Ctrl+Dereita: unha palabra á dereita, mais non máis aló da fin do segmento
RePág: retroceder unha páxina no documento
AvPág: avanzar unha páxina no documento
Inicio* moverse ata o comezo da liña do segmento
Fin* moverse ata o fin da liña do segmento
Ctrl+Inicio moverse ata o comezo do segmento
Ctrl+Fin moverse ata a fin do segmento
Ctrl+RePág moverse ata o comezo do documento (Mac: Cmd+RePág)
Ctrl+AvPág moverse ata a fin do documento (Mac: Cmd+AvPág)
Retroceder* eliminar un carácter detrás do cursor
Suprimir* eliminar un carácter despois do cursor
Ctrl+Borrar eliminar caracteres ata o inicio da palabra anterior (Mac: Alt+Borrar)
Ctrl+Suprimir eliminar caracteres ata o inicio da seguinte palabra (Mac: Alt+Suprimir)
Ctrl+Enter abrir un segmento previo (Mac: Cmd+Enter)
Ctrl+A seleccionar o segmento completo (Mac: Cmd+A)
Ctrl+Shift+O Cambio do sentido de lectura

* Estas teclas teñen un comportamento distinto cando o cursor está fora do segmento a editar:

A tecla «Shift» non ten ningún comportamento especial per se: cando se preme a tecla «Shift», todas as teclas moven o cursor de xeito normal, excepto no caso da combinación Shift+Enter, que insire un salto de liña no texto.

As combinacións de teclas xerais como seleccionar todo (Ctrl+A), pegar (Ctrl+V), cortar (Ctrl+X), copiar (Ctrl+C)), inserir coincidencia (Ctrl+I) e inserir cadea orixinal (Ctrl+Shift+I) actúan só en concordancia co segmento aberto.

Teña en conta que pode personalizar os atallos de teclado para que estean acordes ás súas preferencias. Vexa Apéndice de personalización de atallos de teclado